PROGRAMA COMPLETO

TEATRO COLON. A CORUÑA 8 – 9 ABRIL.

#postfeminismo #vídeo poesía #novas dramaturxias #artes dixitais #bioperformance e prácticas intermedias nas artes do movemento

Unhas xornadas que exploran as conexións entre redes dixitais e artes escénicas, co obxectivo de converterse nun motor de innovación creativa e pensamento contemporáneo. Cun programa de xénero, unha fiestra de visibilidade para as mulleres que contribúen á cultura da innovación tecnolóxica no marco das Media_artes.

Unha cultura dixital sen precedentes, inclasificable e visionaria que fomenta o encontro do inesperado.

Cun programa de xénero, unha fiestra de visibilidade para as mulleres que contribúen á cultura da innovación tecnolóxica no marco das Media_artes.

A área de Cultura da Deputación da Coruña continúa co programa “A Cultura é un dereito” coa organización das xornadas “Mulleres e innovación nas artes interemedias” que terán lugar os días 8 e 9 de abril. Un programa comisariado por Rosa Sánchez, directora artística do Festival Internacional ECOSS, ecosistemas do inesperado e da Compañía de arte Intermedia Kònic Teatro, de Barcelona.

 

ELAS TEÑEN A PALABRA. 8 ABRIL 2019. TEATRO COLON

Explora desde diferentes perspectivas, como traballan as mulleres o texto, a dramaturxia e o audiovisual.

SALA 2 . 15h-19:00h.

Obradoiro de vídeo poesía por Belen Montero, directora de Versogramas.

Procesos #VP un achegamento teórico-práctico á composición multimedia, de xénero, tecnoloxía e fala. Utilizaremos os nosos dispositivos móbiles e as nosas apps como ferramentas técnicas de composición.

*18:30h-18:45h  open lab-impro aberto ao público e conclusión de final do Obradoiro.

Inscribirse ao obradoiro: https://bit.ly/2SYno0o

TEATRO. 19:00h-19:30h.

Apertura da xornada,
Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta da Deputación de A Coruña.

19:30h-21:00h. Mesa de debate:

Escrituras da escena, mediaturxias e audiovisual: contribucións de Xénero. A escritura, a dramaturxia, a dirección de escena ou a realización que incorpora o audiovisual e outros medios dixitais nas escrituras e realizacións de mulleres autoras. 

Unha conversa con

. Marta Perez, directora de Inversa Teatro. Proxecto: Conciencia feminista como motor de creación. Sobre as propias contradicións que o novo panorama escénico nos amosa, desde os corpos, ata as imaxes, textos e movementos.

. Sonia Méndez Alonso, directora do Festival Carballo Interplay. Proxecto: Por min e por todas as miñas compañeiras. Aventuras e desventuras dunha creadora. Unha reflexión sobre a hipervisibilidade de mulleres como obxecto da representación versus a invisibilidade persistente como suxeito creador.

. Belén Montero, directora de Versogramas. Proxecto: Ruta #VP. Vivencias de dirección en proxectos Multimedia desde unha perspectiva de xénero, e do achegamento ao formato da videopoesía.

Modera: Irene Moreira, directora da Sala Ingrávida, O Porriño.

21:00h – 21:30h: Teatro-conferencia

Sofia de Marta Perez (Inversa Teatro): Unha peza curta que trata da violencia de xénero, co texto escrito por mulleres. Sofía  está elaborada ad hoc a partires da peza maior Sofía e as Postsocráticas. A acción dunha duración de trinta minutos ofrece unha panorámica ante o que sustenta a violencia de xénero: o silencio, a negación, a xustiza patriarcal e o efecto espectador.  A peza está pensada para que despois se poida abrir un debate a partires do exposto.

ELAS SON DIXITAIS/ INTERMEDIA. 9 ABRIL 2019, TEATRO COLON

Explora desde diferentes perspectivas a aportación das mulleres no ámbito da arte, ciencia e tecnoloxía.

HAL del Teatro. 15h-19:00h.

Obradoiro de creación dixital por Maria Castellanos, artista e investigadora da Universidade de Vigo.

Experimentación audiovisual con interfaces brandas. Os participantes crearán a súa propia interface sensible, con sensores e moldes de creación dixital, para interaccións sonoras e visuais.

*18:30h-18:45h  open lab-impro aberto ao público e conclusión de final do Obradoiro.

Inscribirse ao obradoiro: https://bit.ly/2F8BHM1

TEATRO. 19h-20:30h. Mesa de debate:

A Arte Intermedia ¿territorio de okupación? contribucións de Xénero.
As miradas e experiencias desde as diversas prácticas profesionais configurarán unha imaxe poliédrica da presencia e importancia de ser muller nos contextos das ACTS (Arte, Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade).

Unha conversa con

. Margarita Ledo Andión, realizadora, Investigadora e docente da Universidade de Compostela USC. Proxecto: Recoñecer o corpo, recoñecer a fala. Paseata polo meu traballo máis  amador e persoal a partir da relación entre o corpo e a fala. É a voz  e o corpo en exilio da actriz de orixe galega María Casares no filme de Alain Resnais Gernika, 1945.


. Nieves Rodriguez Brisaboa, enxeñeira informática, investigadora e docente Universidade da Coruña. Proxecto: Unha reflexión sobre o impacto da nova economía dixital na sociedade.Na perda masiva de postos de traballo  e de dereitos laborais….e sobre a necesidade dun novo pacto social. E importancia de ter talento femenino nas carreiras tecnoloxícas e as consecuencias de non o ter.


. Maria Ruido, realizadora, artista visual, investigadora e docente da Universidade de Barcelona. Proxecto: La fábrica y el sexo. Sobre la representación de la división sexual (y racial) del trabajo y como producción y reproducción se están fusionando en el biocapitalismo actual. El cuerpo de todos y todas es ya nuestro territorio fundamental del trabajo contemporáneo, del trabajo en tiempos de la “uberización”.


Modera: Silvia García González, profesora e decana da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

 

 

HAL del Teatro. 19h-22:00h

Instalación interactiva The Plants Sense, de Maria Castellanos e Alberto Valverde (O dúo Artístico- tecnolóxico que traballan xuntos desde o 2009, con unha recoñecida traxectoria internacional. Son docentes na Universidade de Vigo).

The Plants Sense: No vestíbulo do teatro un xardín vivo, onde o público pode experimentar o que as plantas senten a través de sensores e dispositivos creados para esta obra. A peza está formado por un xardín interactivo no que diferentes sensores miden as oscilacións eléctricas das plantas conectadas e mostran as súas reaccións bioquímicas á presencia humana e ao ambiente que os rodea.

*20:30h -21:00h Experiencia guiada e presentación da obra, comentada po la artista.

TEATRO. 21:30h -22:30h.

Espectáculo #14SKYLINE, da Compañia Kònic Thtr. Dirección escénica Rosa Sanchez.

Unha plataforma especializada en linguaxes escénicas interactivas, o seu traballo foi presentado en máis de trinta países de Europa, Asia, África e América. 3 mulleres en escena para falarnos de como os media manipulan as persoas. Referente exploratorio a Psicopolítica nun contexto feminino-tecnolóxico. Un proxecto escénico de danza, música, luz, audiovisuais, escultura, dispositivos tecnolóxicos deseñados por Kòniclab.

Un programa comisariado por Rosa Sánchez, directora artística do Festival Internacional ECOSS, ecosistemas do inesperado e da Compañía de arte intermedia Kònic Teatro, de Barcelona.